Orde do 6 de febreiro de 1998
Pola que se regula a extracción de poliquetos, vermes mariños para cebo, no litoral de Galicia
(D.O.G. nº
33, do 18/02/98)
Dada a crecente
importancia que ten a recollida de poliquetos no litoral galego e o
seu crecente valor comercial, faise necesario regulalo coa finalidade de preserva-lo
recurso.
Á Lei 6/1993, do 11/05, de
pesca de Galicia establece que toda explotación de recursos mariños
deberá realizarse de forma controlada e non se permitirá, en ningún
caso, ningunha actividade que non estea autorizada debidamente.
O Decreto 425/1993, do 17/12,
establece que par realiza-la extracción de recursos mariños é necesario
estar en posesión do permiso de explotación. Se o dito permiso é
para a extracción de recursos específicos virá condicionado á inscrición
previa do seu titular nun plan de explotación específico.
Con base nas competencias atribuídas
na Lei de pesca e no Decreto 425/1993, e unha vez consultado o sector,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Autorízaselle-la extracción
de poliquetos (vermes mariños) en augas e zonas marítimo-terrestres
do litoral de Galicia a aquelas persoas que, contando co correspondente
permiso de explotación, cumpran os requisitos esixidos nesta orde.
Artigo 8º
1. Tódalas extraccións pasarán
polo punto de control que para tal efecto determine a confraría.
2. Con periodicidade quincenal
as confrarías deberán envia-los datos das capturas á Unidade de Estatística
da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Artigo 9º
O disposto nos artigos do 1º
ó 8º non será de aplicación:
1) Ás persoas que sexan titulares
do permiso de pesca de recreo, que poderán recoller un máximo de 50
individuos/día.
2) Ás persoas que teñan permiso
de explotación para embarcación con artes de anzol e que estean utilizando
poliquetos coma o cebo, deberán solicitarlles ás delegacións territoriais
da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura autorización para
a captura de poliquetos indicando datas, zonas e nº de individuos que
necesitan segundo a arte.
En ningún dos dous supostos
poderán realizarse extracción naquelas zonas nas que existan plans
de explotación para outros recursos.
Para utilizar como cebo, os titulares de licenzas de pesca marítima
de recreo en superficie poderán capturar
diariamente ata un total de:
50 poliquetos, segundo as condicións establecidas no artigo 9 da Orde do 6 de febreiro de 1998 pola que se regula a extracción de poliquetos, vermes mariños para cebo, no litoral de Galicia.
40 cangrexos en total das seguintes especies: cangrexos zapateiros (Pachygrapsus marmoratus) e cangrexo común (Carcinus maenas).
200 g de pulgas de mar.
100 g de camaróns, quisquillas
Gracias ha Kubla por facilitarme los datos
50 poliquetos, segundo as condicións establecidas no artigo 9 da Orde do 6 de febreiro de 1998 pola que se regula a extracción de poliquetos, vermes mariños para cebo, no litoral de Galicia.
40 cangrexos en total das seguintes especies: cangrexos zapateiros (Pachygrapsus marmoratus) e cangrexo común (Carcinus maenas).
200 g de pulgas de mar.
100 g de camaróns, quisquillas
Gracias ha Kubla por facilitarme los datos
No hay comentarios:
Publicar un comentario